domingo, 17 de febrero de 2013

EU AMO A PASTORA

E quen non?
Nuns días cando teñades oportunidade de coñecela, vós tamén vades namorar...


A VACA RODANTE XA TEN PORTADA

E xa saimos na revista de novidades de Everest Galicia, así que aquí vos deixamos a portada xa lista para ver de A historia fascinante da vaca rodante ;)


UN MUNDO CON VISTAS

Xa temos lista a foto-ilustración da portada de A historia fascinante da vaca rodante (Everest, 2013). Aquí vola deixamos para que vos vaiades familiarizando con ela.
A finales do mes de febreiro terédelas en libraría ;)

Esta é a historia de Pastora...



A HISTORIA FASCINANTE DA VACA RODANTE


Pastora é rubia, rubia e galega. Ademáis é curiosa e nunca viu o mar, por iso cando se entera de que en A Fonsagrada, preto de onde ela vive pode estar o mar, non dubida en ir buscalo. O problema… que as presas e a curiosidade vana meter nunha pequena lea polo medio das montañas lucenses. Iso si, o final das súas aventuras, descubrirá ó pé dun camiño un espectáculo marabilloso que ninguén debería perder. Ti tampouco.

Ilustración: Aurora Cascudo Román