Mostrando entradas con la etiqueta vaca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vaca. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de mayo de 2014

martes, 18 de marzo de 2014

A TARABELA ESTIVO NO CEIP DOS BLANCOS (OURENSE)

O venres pasamos unha tarde estupenda na compaña duns mestres fantásticos no CEIP dos Blancos. Xuntos estivemos aprendendo a contar contos, a cantar, a facer caroutas de vaca e a sacar do baúl dos recordos eses xogos antigos, como o de pegarlle o rabo ao burro, ainda que neste cas pegámosllo á Pastora :)
Aquí vos deixamos unhas fotos dos voluntariosos profes que se entregaron en corpo e alma a esta nobre tarefa de aprender contando e cantando :)

Gracias Edu, Javi e Pepe, foi un pracer compartir este obradoiro con todos vos :)



Imos contar un conto...




Os profes necesitan uniforme de traballo "vacuno"



A cantar e a mover os rabiños de vacas... TOLÓN, TOLÓN!






E agora facemos caroutas...









Poñámoslle o rabo a Pastora, que seica o perdeu...



Muuuuuuuuuuuuuu....


Esas vaquiñas 2014 dos Blancos!




domingo, 17 de febrero de 2013

EU AMO A PASTORA

E quen non?
Nuns días cando teñades oportunidade de coñecela, vós tamén vades namorar...


A VACA RODANTE XA TEN PORTADA

E xa saimos na revista de novidades de Everest Galicia, así que aquí vos deixamos a portada xa lista para ver de A historia fascinante da vaca rodante ;)


UN MUNDO CON VISTAS

Xa temos lista a foto-ilustración da portada de A historia fascinante da vaca rodante (Everest, 2013). Aquí vola deixamos para que vos vaiades familiarizando con ela.
A finales do mes de febreiro terédelas en libraría ;)

Esta é a historia de Pastora...



A HISTORIA FASCINANTE DA VACA RODANTE


Pastora é rubia, rubia e galega. Ademáis é curiosa e nunca viu o mar, por iso cando se entera de que en A Fonsagrada, preto de onde ela vive pode estar o mar, non dubida en ir buscalo. O problema… que as presas e a curiosidade vana meter nunha pequena lea polo medio das montañas lucenses. Iso si, o final das súas aventuras, descubrirá ó pé dun camiño un espectáculo marabilloso que ninguén debería perder. Ti tampouco.

Ilustración: Aurora Cascudo Román